martes, 4 de octubre de 2011

Torneos benéficos de FEGEREC

O ano pasado FEGEREC (Federación Gallega de Enfermidades Raras e Crónicas) organizou o I Torneo Fútbol 7 para recadar fondos que repercutirán nos servizos asistenciais que prestan ás asociacións membros. Este ano repítese e aumentan os Torneos benéficos, abarcando máis deportes. Celebraranse todos ao longo deste mes de outubro.

Venres 7 de outubro. Polideportivo San Francisco Javier (A Coruña)
Torneo Benéfico Balonmán


10:00- Minibalonmán para os máis pequenos
11:00- Balonmán infantil (en campo grande), onte tamén participarán os alevíns e infantil provincial.
12:00- Balonmán cadete e xuvenil.
13:00- CONSLAR OAR PRIMEIRA DIVISIÓN-BM PONTEDEUME

As entradas poderán adquirise no Polideportivo o mesmo día e agradecermos a vosa asistencia, así como a colaboración do Club Oar.

A seguinte cita será o mércores 12 de outubro no Torneo Benéfico de Fútbol Base, onde contamos coa colaboración de AFAC (Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña).

Se alguén quere colaborar como voluntario nestas actividades podedes chamar ao teléfono de ACEM 981 240 985 ou ao de FEGEREC 981 234 651.



No hay comentarios:

Publicar un comentario