viernes, 28 de octubre de 2011

Ponte de Todos os Santos

Informámosvos de que o luns 31 de outubro non haberá actividade na Asociación Coruñesa de Esclerose  Múltiple pola ponte de Todos os Santos.

Retomamos as actividades o mércores 2 de novembro.

Axudas técnicas para a comunicación: MAGICEYE

O pasado xoves 27 de outubro a nosa terapeuta ocupacional, Candela Presedo Sánchez, estivo presente na presentación do dispositivo MAGICEYE realizado en AGAELA, do que deixamos un vídeo para que vexades o seu funcionamento.



Os asistentes á presentación valoraron moi positivamente este novo dispositivo tras probalo con 5 persoas distintas, un afectado de ELA e mesmo unha persoa cun so ollo e gafas. Según nos informan dende AGAELA, concordando coa terapeuta Candela Presedo, as vantaxes deste dispositivo son que a calibraxe para a súa utilización é rápida e precisa e so é preciso calibralo unha vez, a diferencia doutros dispositivos onde cada vez que se van a utilizar hai que volver a calibrar. Outra vantaxe é que a habilidade para mover o cursor adquírese rapidamente e, a máis interesante a nivel económico é o prezo: 2.500 euros.


Lembrámosvos que para calquera dúbida arredor de axudas técnicas podedes dirixirvos á Asociación no teléfono 981 240 985 e poñémosvos en contacto coa terapeuta ocupacional para que vos informe e aconselle.

lunes, 24 de octubre de 2011

Visita de Francisco Jorquera e Xosé Manuel Carril

Hoxe recibimos no Centro Municipal Asociativo Domingo García Sabell todas as asociacións a Francisco Jorquera (candidato do BNG ao Congreso) e a Xosé Manuel Carril (portavoz municipal do BNG). Falamos con eles sobre a problemática das enfermidades crónicas e/ou raras e manifestaron o seu interese sobre o día a día dos afectados por estas enfermidades.

Expresaron así mesmo o seu convencemento de que o que interesa a día de hoxe é potenciar as políticas sociais e non recortalas, para así manter o Estado de Benestar que acadamos.


Ligazóns en prensa:

La Opinión
Europapress
BNG-Galiza

miércoles, 19 de octubre de 2011

Nova fisioterapeuta en ACEM

Informámosvos que a través dos Plans de  Cooperación, contratamos a unha nova fisioterapeuta que estará con nós ata o mes de xullo.

De novo lembrámosvos que se queredes recibir o servizo de fisioterapia vos poñades en contacto coa Asociación a través do teléfono 981 240  985.

martes, 18 de octubre de 2011

Lotería de Nadal

Informámovos que xa temos lotería de nadal. Coma todos os anos, xogamos o mesmo número o 30722. Podedes pasar a mercar a vosa participación nas oficinas de ACEM. Cada participación custa 5 euros, cun donativo de 1 euro para a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple.

Animádevos que desta vez a sorte está do noso lado!!

miércoles, 12 de octubre de 2011

I Trofeo Solidario Padel

Cando aínda se está celebrando o I Trofeo Solidario de Fútbol  xa vos informamos que esta fin de semana (sábado 15 e domingo 16) dende as 15:00 ata as 22:30 horas celebrarase nas instalacións de Padelplus en Culleredo, o I Trofeo Solidario de Padel.

As parellas pódense inscribir na páxina de Padelplus. Agardámosvos esta fin de semana!



Engadido: temos que informar que o torneo foi suspendido por motivos alleos a FEGEREC, máis información aquí e no teléfono de FEGEREC 981 234 651.

martes, 11 de octubre de 2011

Torneo solidario de Fútbol

Este mércores, 12 de outubro, organízase un Torneo Solidario de Fútbol. Os beneficios serán para FEGEREC e Padre Rubinos. Contamos coa colaboración do Rotary Club e AFAC.

O Torneo comezará ás 10:00h no campo de fútbol Carlos Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma). As entradas custarán 2 euros e pola tarde, ao final da xornada, farase un sorteo entre os asistentes.

Agardámosvos!