Mostrando entradas con la etiqueta deporte adaptado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta deporte adaptado. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de enero de 2012

II OPEN INTERNACIONAL CIDADE DA CORUÑA DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS



Os vindeiros días 10, 11, 12 e 13 de maio terá lugar o II Open Internacional Cidade de A Coruña de Tenis en Cadeira de Rodas na Escola de Tenis Marineda en Cambre- A Coruña.   Como o pasado ano, podemos asistir; este ano non só a ver o torneo e visitar a exposición (carpa con expositores de axudas técnicas, material ortopédico, material deportivo,...) senón tamén a recibir unha clase de tenis así como realizar actividades paralelas como pode ser facer unha ruta do Camiño de Santiago que pasa por Cambre en bicicletas adaptadas, en cadeiras ou a pé, visitar o Aquarium de A Coruña, etc.
Aqueles que queirades participar, teredes que remitirnos un correo electrónico a acemesclerosis@telefonica.net ou chamar o 981 240985. DATA LIMITE 31 de xaneiro.