Mostrando entradas con la etiqueta Fundación Mª José Jove. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fundación Mª José Jove. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de septiembre de 2011

Esfuerza Invierno 2011

Lembrámosvos que está aberto o prazo de matrícula no programa Esfuerza Invierno 2011 da Fundación Mª José Jove. Quedan prazas na actividade de piragüismo, así que se estades interesados: adiante!

Tamén aproveitamos e poñemos unha ligazón dun programa emitido este sábado pasado en Informe Semanal, titulado El silencio de los ricos. Ademais de falar do reparto de carga fiscal por parte das grandes fortunas, tamén falan dos programas sociais que poñen en marcha a través das Fundacións. No minuto 8:20 aparece o programa Esfuerza da Fundación Mª José Jove e a usuarios e monitores falando das actividades que alí realizan, entre eles, Sonia García Erias.

miércoles, 22 de junio de 2011

Campamento de Verán Esfuerza 2011

Infórmannos dende COGAMI que, en colaboración coa Fundación Mª José Jove, ten aberto o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán Esfuerza 2011. As persoas interesadas en participar neste campamento débense apuntar antes do 1 de xullo e para iso e para máis información podedes poñervos en contacto coa Asociación.


É un programa de Actividades Físicas Adaptadas deseñado para persoas con discapacidade. Os obxectivos son os seguintes:

• Mellorar a Autonomía Persoal.
• Xerar hábitos saudables.
• Facilitar a integración social.
• Favorecer o lecer saudable.
• Facilitar o desenvolvemento da autoestima.


Conta con catro quendas (entre 8 e 10 persoas participantes en cada unha) distribuídas do seguinte modo:

-         1ª quenda: 31 de xullo (domingo) ata o 5 de agosto (venres).
-         2ª quenda: 7 de agosto (domingo) ata o 12 de agosto (venres).
-         3ª quenda: 14 de agosto (domingo) ata o 19 de agosto (venres).
-         4ª quenda: 21 de agosto (domingo) ata o 26 de agosto (venres).

O aloxamento será na residencia Rialta (A Zapateira – Culleredo), en habitacións dobres. Cada grupo de participantes estará acompañado por dúas persoas monitoras da Fundación María José Jove.

As actividades que se desenvolverán no Campamento de Verán serán as seguintes: vela, piragüismo, praia e visitas culturais na cidade da Coruña.

HORARIO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
10:00 - 12:30
Piragüismo
Piragüismo
Piragüismo
Piragüismo
Piragüismo
12:30 - 15:00
Vela
Vela
Vela
Vela
Vela
15:00 - 16:00
Comida
Comida
Comida
Comida
Comida
16:30 - 18:00
Praia
Visita á Casa das Ciencias
Praia
Visita ao Aquarium
Regreso a casa


O campamento de verán é totalmente gratuíto. O traslado do lugar de residencia da persoa a Rialta e viceversa correrá a conta da persoa.